Friday 17 de May de 2024

O centro social polivalente de Brión acollerá mañá venres “Decamerón”, un monólogo satírico de Cándido Pazó


O actor e director Cándido Pazó representará mañá venres 18 de novembro, ás 20:30 horas, no centro social polivalente de Brión a súa obra “Decamerón”, un clásico universal representado cunha fórmula híbrida que combina teatro e narración oral. Un monólogo directo e dinámico, con referencias á situación actual, recomendado para un público maior de 13 anos. A entrada é libre e de balde xa que é unha actuación incluída no “Outono Cultural”, programa organizado polo Concello de Brión en colaboración coa Deputación da Coruña.

Tomando como referencia os célebres contos de Boccaccio, Cándido Pazó presentará en Brión unha adaptación destes relatos á sociedade actual, a través dun monólogo metafórico e satírico. Un espectáculo no que actor e espectador están en continua conexión, grazas a un discurso irónico e cun ritmo trepidante.